domingo, 11 de octubre de 2015

Padriños lectores

Este venres comezamos unha das actividades que a Biblioteca do centro organiza para levar a cabo entre todo o alumnado: os padriños lectores. Nesta ocasión os alumnos de quinto aproveitaron o tempo de lectura diario para contarlles un conto aos seus compañeiros da clase de catro anos. Todos se divertiron moito e están desexosos de repetir. Ata o venres que vén afillados e afilladas!!!


Alberto léndolle un conto a Ainoha


Emma con Carla

Tamara con Jimena e Ainhoa con Yago


Lucía e Gabriel

Juan e Sofía



Dani con Lucas

André e Lola

Soraia e Jeremy


Todos temos calidades e algo que achegar aos demais...

Queremos que este ano cada un aporte aos demais todo o que poida dar de si mesmo, e para iso tiñamos que ser conscientes en primeiro lugar dos nosos potenciais. Esta é a árbore das nosas calidades. Agora, a poñelas en práctica :)





Benvidos

As aventuras deste blogue comezan no colexio Valle-Inclán de Vigo, onde este ano os alumnos de quinto de Primaria e máis eu, a profe Alba, intentaremos sacar adiante un curso no que seguro atoparemos dificultades, pero nada que non se poida solucionar con traballo, interese e moito compañerismo. Non o esquezades, hoxe, igual que cada día, imos conseguir todo o que nos propoñamos!