viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO

O pasado venres 11, día de San Martiño, celebramos a festa do MAGOSTO no colexio. Os nenos e nenas de sexto encargáronse dos cativos de tres anos e axudáronlles a pelar os froitos de outono que degustamos todos xuntos despois de cantar a canción "A saia de Carolina".

Ademais pasámolo moi ben cos xogos populares e comendo unhas exquisitas castañas!!! 



Magosto 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 5 de noviembre de 2016

Samaín

O pasado venres celebramos no colexio o día de Samaín. Comezamos a mañá cun estupendo obradoiro de cociña, onde os alumnos de quinto e sexto realizaron xuntos unhas pizzas auténticamente monstruosas e unhas riquísimas vasoiras de bruxa. 

Despois de degustar entre todo o colexio as exquisitas creacións de cada clase, dirixímonos ao ximnasio onde os nosos presentadores Paula, Brais, Carla, Pedro e Emma deron paso ao visionado de cortos do Samaín, o concurso de cabazas e os bailes de "Just dance". Pasámolo de medoooo!!!






De los cuentos a las cuentas

O pasado 19 de outubro fixemos a nosa primeira excursión do curso, nesta ocasión acudimos ao teatro Afundación para ver a obra de teatro "De los cuentos a las cuentas", unha divertida proposta que mesturaba o mundo das finanzas co mundo dos soños.

Da man da protagonista da obra, María, viaxaron a moitos lugares distintos a través da súa imaxinación. Sen saír da súa habitación, María vive entre dous mundos, o que comanda o seu pai, unha persoa seria e práctica, e o do seu tío, loitador, soñador e aventureiro. Extrañas personaxes saen ao escenario e van ensinando que ás veces os contos poden facerse realidade, só hai que esforzarse para conseguilos, desexalo moito e poñer todos os medios da nosa parte.






Clases de Plástica

A nosa clase estaba un pouquiño sosa, así que neste primeiro trimestre utilizamos as clases de Plástica para darlle un pouquiño máis de cor e ledicia traballando o arte abstracto e o "pop-art". Podedes ver como os rapaces e rapazas de sexto fan as súas creacións e traballan autores tan diversos como Piet Mondrian, Keith Haring ou Andy Warhol. Son uns auténticos artistas!!!







Repaso a través das TIC

Este curso aproveitaremos a hora de libre configuración de sexto para facer repaso de Linguas, pero... que mellor maneira para aprender dun xeito máis ameno que a través dos ordenadores? Para isto aproveitaremos a nosa hora de uso da sala de TIC para levar a cabo tarefas nas que aprenderán a utilizar procesadores de texto, programas de presentacións de fotos, aplicacións de son e imaxe... e todo aquilo que o tempo e as complicacións tecnolóxicas nos permitan ;)



Comezamos no Josefa Alonso

O camiño deste blogue continúa este ano no CEIP Josefa Alonso de Alonso en Matamá (Vigo). Nesta ocasión xunto aos alumnos de sexto curso, 15 nenos e nenas estupendos, cheos de compañerismo e dispostos a aprender todo o necesario mentres que aproveitan e gozan do que será o seu último curso no centro. Recordade... somos un equipo! E como equipo chegaremos lonxe!!!