lunes, 16 de noviembre de 2015

MAGOSTO

Divertidísimo día de magosto no Valle-Inclán, aquí están as probas de que os alumnos de quinto pasárono en grande. Parabéns equipo!!!!


miércoles, 4 de noviembre de 2015

Happy Halloween!!!!!

O pasado xoves celebramos no colexio o Samaín ou Halloween e foi unha oportunidade estupenda para traballar en equipo. Nesta ocasión, xunto aos alumnos de sexto, levamos a cabo un taller de cociña e elaboramos unhas sabrosas e monstruosas pizzas. E é que despois de decorar todo o colexio para a ocasión, participar no concurso de cabazas e vir vestidos coas nosas mellores galas... mereciámonos unha boa festa...


As normas de clase

O primeiro que debemos facer nunha clase é aprender a comportarnos correctamente e cumprir as normas. Se mesturamos as normas coa educación vial, a lingua galega, as rimas e os traballos plásticos, o resultado é o que podedes ver nas fotos. Seguro que desta vez aos alumnos de quinto non se lles esquece como deben comportarse na aula ;)