domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Este venres celebramos no colexio o día da Paz. Entre outras actividades, cada clase decorou unha camiseta con mensaxes de paz e todos xuntos cantamos a canción "Tu enemigo" de Pablo López. Por se fose pouco, os nenos tamén aprenderon na clase de Inglés a canción "Imagine" de John Lennon e todos xuntos a cantaron para conmemorar este día. Moitas grazas a todas as familias pola súa solidariedade na operación "Un quilo pola paz". Todos os alimentos serán doados ao banco de alimentos, aportando así un graniño de area máis en favor de quen máis o precisa.






sábado, 30 de enero de 2016

Crea o teu eslogan...

Pensa nun produto... xa o tes? Agora busca a mellor maneira de vendelo... un eslogan que enganche, que en canto a xente o escoite saiba de que se está a falar... Deixa voar a túa imaxinación... así o fixeron os alumnos de quinto, e este é o resultado.



lunes, 25 de enero de 2016

Repaso Sociais tema 3

Con este xogo poderedes repasar as provincias de España, os países de Europa e outros moitos mapas.

 Provincias de España

viernes, 22 de enero de 2016

Escarlatina, a cociñeira defunta

A semana pasada comezamos a traballar co libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas. Déixovos aquí unha pequena entrevista á súa autora e ao ilustrador do libro, Víctor Rivas, para ir abrindo boca. Ao longo do trimestre iremos mostrando algún traballiño sobre o tema, non volo podedes perder!


MORALEJA...

Esta semana traballamos en Lingua Castelá coas FÁBULAS, adquirindo así unha chea de valores morais que de seguro imos aplicar na vida diaria. Aproveitamos os nosos miniportátiles para aprender tamén a traballar co Impress, unha nova experiencia que tivo como resultado un fabuloso traballo. Unha ferramenta informática máis coa que a partir de agora poderemos traballar! Déixovos a nosa estupenda presentación...

jueves, 21 de enero de 2016

Good job!

First and second graders have worked hard during the first quarter. Well done little artists!!!


Alice in Wonderland

Empezamos el año con una salida al teatro para disfrutar de la magnífica obra "Alice". Practicamos inglés adentrándonos en el maravilloso mundo de Alice y sus aventuras con los distintos personajes que nos muestran las tradiciones del mundo anglosajón: San Patricio, San Valentín, Halloween... Ya estamos todos listos para la hora del té!!!