miércoles, 25 de enero de 2017

Freaky!

A semana pasada fomos ao teatro a ver a obra "Freaky" en inglés, unha historia que pretendía mostrarnos como debemos comportarnos cos nosos iguais. Ademais de afinar o noso oído co inglés pasámolo moi ben, sobre todo Iago e África que foron escollidos entre o público para participar na obra. Que sorte!




 


Festival de Nadal



Mercado do Progreso

No primeiro trimestre tamén fixemos unha saída ao Mercado do Progreso, onde os alumnos de quinto e sexto participaron nun obradoiro de sensibilización en hábitos de alimentación saudable. Para iso faláronnos da importancia dunha dieta saudable, do consumo adecuado dos distintos tipos de nutrientes segundo os alimentos que os conteñen e por suposto da seguridade alimentaria. Xuntos fixemos a compra e preparamos a nosa merenda saudable: unha tosta de paté do mar e un zume cheo de vitaminas... que rico!!!


Parque do Maruxento

Aínda nos quedaban cousas do primeiro trimestre no tinteiro, así que imos a por elas! En primeiro lugar a excursión que fixemos ao parque forestal do Maruxento. Un día estupendo no que nos divertimos moito e aprendimos aínda máis: marcamos as rutas de senderismo, as indicamos no mapa, fotografiamos lugares de interese, ensináronnos a importancia da repoboación das especies, decatámonos de como a xente descoida o monte, buscamos insectos, aprendimos a diferenciar árbores polas súas follas e a recoñecer distintos paxaros... Parécevos pouco??? Moitísimas grazas a eses estupendos comuneiros que nos fixeron pasar un día inolvidable :)