viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO

O pasado venres 11, día de San Martiño, celebramos a festa do MAGOSTO no colexio. Os nenos e nenas de sexto encargáronse dos cativos de tres anos e axudáronlles a pelar os froitos de outono que degustamos todos xuntos despois de cantar a canción "A saia de Carolina".

Ademais pasámolo moi ben cos xogos populares e comendo unhas exquisitas castañas!!! 



Magosto 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 5 de noviembre de 2016

Samaín

O pasado venres celebramos no colexio o día de Samaín. Comezamos a mañá cun estupendo obradoiro de cociña, onde os alumnos de quinto e sexto realizaron xuntos unhas pizzas auténticamente monstruosas e unhas riquísimas vasoiras de bruxa. 

Despois de degustar entre todo o colexio as exquisitas creacións de cada clase, dirixímonos ao ximnasio onde os nosos presentadores Paula, Brais, Carla, Pedro e Emma deron paso ao visionado de cortos do Samaín, o concurso de cabazas e os bailes de "Just dance". Pasámolo de medoooo!!!






De los cuentos a las cuentas

O pasado 19 de outubro fixemos a nosa primeira excursión do curso, nesta ocasión acudimos ao teatro Afundación para ver a obra de teatro "De los cuentos a las cuentas", unha divertida proposta que mesturaba o mundo das finanzas co mundo dos soños.

Da man da protagonista da obra, María, viaxaron a moitos lugares distintos a través da súa imaxinación. Sen saír da súa habitación, María vive entre dous mundos, o que comanda o seu pai, unha persoa seria e práctica, e o do seu tío, loitador, soñador e aventureiro. Extrañas personaxes saen ao escenario e van ensinando que ás veces os contos poden facerse realidade, só hai que esforzarse para conseguilos, desexalo moito e poñer todos os medios da nosa parte.






Clases de Plástica

A nosa clase estaba un pouquiño sosa, así que neste primeiro trimestre utilizamos as clases de Plástica para darlle un pouquiño máis de cor e ledicia traballando o arte abstracto e o "pop-art". Podedes ver como os rapaces e rapazas de sexto fan as súas creacións e traballan autores tan diversos como Piet Mondrian, Keith Haring ou Andy Warhol. Son uns auténticos artistas!!!







Repaso a través das TIC

Este curso aproveitaremos a hora de libre configuración de sexto para facer repaso de Linguas, pero... que mellor maneira para aprender dun xeito máis ameno que a través dos ordenadores? Para isto aproveitaremos a nosa hora de uso da sala de TIC para levar a cabo tarefas nas que aprenderán a utilizar procesadores de texto, programas de presentacións de fotos, aplicacións de son e imaxe... e todo aquilo que o tempo e as complicacións tecnolóxicas nos permitan ;)



Comezamos no Josefa Alonso

O camiño deste blogue continúa este ano no CEIP Josefa Alonso de Alonso en Matamá (Vigo). Nesta ocasión xunto aos alumnos de sexto curso, 15 nenos e nenas estupendos, cheos de compañerismo e dispostos a aprender todo o necesario mentres que aproveitan e gozan do que será o seu último curso no centro. Recordade... somos un equipo! E como equipo chegaremos lonxe!!!


miércoles, 25 de mayo de 2016

Actividades Día do Libro

Si... xa o sei... teño o blogue abandoado por falta de tempo e por mor dos estudos, e algún xa me pedía na clase que subira as últimas fotos... Pois imos pouquiño a pouco. Hoxe toca o xa pasado día do libro. Recordemos o ben que o pasamos! Prometo actualizar pronto...!


sábado, 12 de marzo de 2016

Ludoteca lingüística

Un novo virus está a se estender entre os máis pequenos, o principal síntoma prodúcese na lingua. Os nenos esquecen a súa propia lingua e descoñecen palabras básicas. Esta situación debe rematar! Para elo, dúas expertas doutoras viñeron ao Valle-Inclán a tratar de exterminar o virus. Mediante xogos onde teñen que demostrar a súa capacidade física, psíquica e lingüística tratamos que a lingua galega volva formar parte das nosas conversacións diarias e que os máis pequenos presuman de galego :)









Dobraxe na escola

Estupenda actividade de dobraxe na escola a cargo de dous grandes profesionais, na que nos achegamos á parte menos coñecida do mundo do cine: a dobraxe. Asombrados de poder escoitar voces dos debuxos de "Doraemon" e encantados de poder dobrar unha escena de "Bob Esponxa".
Aprendemos e divertímonos a partes iguais!






















Aprendemos a convivir

A semana pasada completamos a nosa seguna caixa de valores, neste caso traballamos a convivencia. Espero que os alumnos de quinto aprenderan con estas actividades a poñerse no lugar do outro e a actuar mellor ante situacións do seu día a día.







lunes, 15 de febrero de 2016

Día Internacional da loita contra o cancro infantil

Hoxe 15 de febreiro é o día internacional da loita contra o cancro infantil, e para solidarizarnos con todos os campións que loitan cada día contra esta enfermidade, os nenos de quinto decidiron obsequiar a todos os seus compañeiros do colexio cun lazo amarelo, esperando que todos o mostren con orgullo. Un bravo por todos esos auténticos superheroes :)

martes, 9 de febrero de 2016

Viva o Entroido!!!!

Estupendo día de ENTROIDO no CEIP Valle-Inclán. Comezamos a mañá cun obradoiro de marcapáxinas a cargo dos alumnos de quinto e sexto. Estes mozos convertéronse en auténticos mestres axudando aos máis pequenos a crear uns orixinais marcapáxinas. Parabéns polo traballo realizado, todos saíron moi contentos.

E despois de tanto traballo unha merecida merenda para enchernos de orellas e filloas e poder desfilar todos xuntos mostrando os nosos estupendos disfraces. Unha vez máis, moitas felicidades a todos por facer do entroido un día tan divertido :)


lunes, 8 de febrero de 2016

Traballando os valores

Como son os meus compañeiros? Como son eu? Que características nos representan máis? Que sentimentos aparecen en distintas situacións da nosa vida? A pasada semana fixémonos todas estas preguntas e traballamos dun xeito distinto os valores e os sentimentos. Foi divertido, así que esperamos un novo kit con máis xogos para seguir aprendendo!









domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Este venres celebramos no colexio o día da Paz. Entre outras actividades, cada clase decorou unha camiseta con mensaxes de paz e todos xuntos cantamos a canción "Tu enemigo" de Pablo López. Por se fose pouco, os nenos tamén aprenderon na clase de Inglés a canción "Imagine" de John Lennon e todos xuntos a cantaron para conmemorar este día. Moitas grazas a todas as familias pola súa solidariedade na operación "Un quilo pola paz". Todos os alimentos serán doados ao banco de alimentos, aportando así un graniño de area máis en favor de quen máis o precisa.