miércoles, 25 de enero de 2017

Parque do Maruxento

Aínda nos quedaban cousas do primeiro trimestre no tinteiro, así que imos a por elas! En primeiro lugar a excursión que fixemos ao parque forestal do Maruxento. Un día estupendo no que nos divertimos moito e aprendimos aínda máis: marcamos as rutas de senderismo, as indicamos no mapa, fotografiamos lugares de interese, ensináronnos a importancia da repoboación das especies, decatámonos de como a xente descoida o monte, buscamos insectos, aprendimos a diferenciar árbores polas súas follas e a recoñecer distintos paxaros... Parécevos pouco??? Moitísimas grazas a eses estupendos comuneiros que nos fixeron pasar un día inolvidable :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario