miércoles, 25 de enero de 2017

Mercado do Progreso

No primeiro trimestre tamén fixemos unha saída ao Mercado do Progreso, onde os alumnos de quinto e sexto participaron nun obradoiro de sensibilización en hábitos de alimentación saudable. Para iso faláronnos da importancia dunha dieta saudable, do consumo adecuado dos distintos tipos de nutrientes segundo os alimentos que os conteñen e por suposto da seguridade alimentaria. Xuntos fixemos a compra e preparamos a nosa merenda saudable: unha tosta de paté do mar e un zume cheo de vitaminas... que rico!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario